DE VIÑOS POR VALDEORRAS

A Ruta do Viño de Valdeorras sitúase na parte nororiental da provincia de Ourense, onde o río Sil nos acompañará durante algúns tramos do noso camiño ata penetrar no corazón de Valdeorras, conducíndonos ata un profundo val que vai modelando ao seu paso. Val acolledor, de terra vermella e arxilosa, terra aurífera que as colonias romanas furaron séculos atrás para extraer ese metal tan prezado que é o ouro, e que hoxe nos ofrece, dende o máis profundo das súas entrañas, esas covas nas que as súas adegas achegan a temperatura necesaria para o coidado dos seus viños. Na nosa viaxe polo val, as modernas vilas concéntranse ao redor das vías principais, dispersándose o poboamento cara ás montañas onde, a modo de pequenos acios, os antigos núcleos rurais manteñen na súa máis pura esencia a arquitectura tradicional. Aquí é a lousa a protagonista do territorio humanizado que, tanto nos muros como nos tellados, achegan á paisaxe un contraste cromático e lendario, salpicado de neve nos brancos invernos; unha paisaxe que só nesta comarca galega poderemos ver. Terra de cultura milenaria, cruzada de leste a oeste pola Vía Nova, calzada romana Via XIX no «Itinerario de Antonino», que naqueles tempos comunicaba Astorga coa actual cidade portuguesa de Braga. Un territorio que constituíu durante o Imperio Romano un centro importante de explotación de ouro; actividade que combinaron coa plantación das cepas de uva e mesmo coa construción de lagares. Se programades a vosa viaxe durante o verán, seravos grata a participación na «Festa das Covas», que se celebra durante o primeiro sábado de agosto; unha festa popular na que as xentes de Valdeorras abren as súas adegas-cova aos visitantes compartindo con eles os seus viños. Tamén paga a pena achegarse ás covas de Seadur e O Castro, que celebran as súas “festas das Covas” durante a Semana Santa e en xuño respectivamente.

ADEGAS PARTICIPANTES

Os viños brancos de Valdeorras, os godellos, son intensos en aromas froiteiros e florais, moi ben estruturados en boca. Os tintos, mencías e garnachas, destacan pola súa cor púrpura, de elegantes aromas a froitos e cunha doce carnosidade.

Música e viño: Balada de covas e froitos

Suave melodía de compases redondos e románticos que nos leva ao interior das adegas-cova de Valdeorras para percibir o eco que resoa nas súas barricas, a través dun son que semella mergullarse co sabor que a terra arxilosa e a lousa deste territorio dan aos seus viños.

E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • A ponte romana sobre o río Bibei
  • Os codos de Larouco, revoltas da estrada seguindo o trazado da antiga vía XIX
  • O Santuario barroco das Ermidas
  • A Torre do homenaxe do Bolo
  • A ponte da Cigarrosa , de orixe romana
  • As adegas-cova de Vilamartín de Valdeorras
  • O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
  • O Teixadal de Casaio
  • Os miradoiros da Falcoeira ou o dos Penedos de Oulego

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

TÚNEL DO VIÑO

Xornada de promoción dos viños de Valdeorras na que se poderá degustar unha ampla selección dos viños das adegas participantes nas xornadas.

PARQUE NATURAL SERRA ENCIÑA DA LASTRA

Visita ao parque natural ubicado no concello de Rubiá, onde a aciñeira, que dá nome ao parque, ten historia de seu.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar