DE VIÑOS POLO RIBEIRO

Moi preto da cidade de Ourense atopamos a Ruta do Viño do Ribeiro. Está situada na zona occidental desta provincia e os seus viñedos esténdense dende os 75 ata os 400 metros de altitude, sobre vales e ladeiras de acusada pendente. Para facilitar o seu cultivo, xeracións de agricultores fabricaron valos e terrazas, traballando a pendente en bancais, denominados tradicionalmente «socalcos» ou «bocarribeiras». É esta a comarca máis antiga de Galicia en canto á produción de viño, situada na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño, onde os típicos sabugueiros e amieiros mecen as súas pólas sobre as beiras dando sombra aos relanzos de auga. No horizonte, unha paisaxe salpicada de pequenas leiras na que se intercalan estes bosques de ribeira coas hortas familiares e os viñedos. Estes últimos aparecen ante os nosos ollos como testemuñas do tempo, cuxa historia nos somerxe nunha época medieval. Cando os reinos ibéricos aínda buscaban a súa forma no resto da península, os monxes do Císter asentados no Mosteiro de San Clodio desenvolvían esta industria vitivinícola, coidando e estudando con grande esmero as variedades autóctonas que hoxe en día nos dan prestixio en todo o mundo. Dende o Miño o viño do Ribeiro embarcaba rumbo a América e Inglaterra, e ao abeiro do Camiño de Santiago chegaría tamén ao resto de Europa da man dos comerciantes xudeus, os cales deixarían o seu sinal no lugar (barrio xudeu de Ribadavia).

ADEGAS PARTICIPANTES

Os viños do Ribeiro posúen unha personalidade única, que lles confire a sabia combinación das variedades autóctonas, e unha tradición de séculos. O viño branco do Ribeiro, considerado un dos mellores do mundo, é un viño limpo e transparente, sutil no olfato, con exquisitos aromas de flores e froitas. Os viño tintos son vivos, con tonos brillantes de bermello picota, intensos en nariz e amplos e expresivos en boca. O viño tostado é un viño doce, elaborado co mosto das mellores uvas convenientemente pasificadas. A súa produción é laboriosa e complexa, unha auténtica xoia da enoloxía de características únicas.

Música e viño: Danza Istórica

Dúas melodías con sabor hebreo converxen nesta Danza Istórica para regalar ao noso padal a esencia do Ribeiro a través da cultura xudía que subxace na súa terra. Dous ritmos que reflicten a auga de dous ríos que regan o froito dunha sobranceira denominación de orixe. Dúas enerxías que contrastan coma quen entra e sae da neboeira espallada ao longo dos vales en Ribadavia.

 E ADEMAIS DOS VIÑOS, PODERÁS VISITAR


  • Ribadavia e o seu barrio xudeu
  • A igrexa prerrománica de San Xes de Francelos
  • A pintoresca aldea de Pazos de Arenteiro
  • O Monumento Natural de Pena Corneira
  • O mosteiro de San Clodio, Monumento Histórico Artístico Nacional, pioneiro no cultivo da vide
  • O O Castro de San Cibrao de Las

COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

ADEGA CUÑAS DAVIA, VISITA, CATA COMENTADA E CURSO DE COCTELERÍA

Cóctel de benvida, paseo polo viñedo e visita ás instalacións da adega. Cata comentada de 3 viños e curso de coctelería impartido polo mestre cocteleiro Judicale Romero.

OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL DE RIBADAVIA

Punto de información sobre os viños e viñas do Ribeiro. Ofrecerase información específica sobre as características vitivinícolas e históricas do Ribeiro.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar