DE VIÑOS POLAS RÍAS BAIXAS
A Ruta do Viño Rías Baixas é a máis occidental da xeografía galega, estendéndose dende a desembocadura do río Miño, na fronteira con Portugal, ata o sur da provincia da Coruña, moi preto de Santiago de Compostela. Constitúe a Ruta galega de maiores dimensións, con cinco subzonas de produción vitivinícola; de sur a norte: O Rosal, Condado de Tea, Val do Salnés, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Tamén é o territorio con maior tradición como Ruta do Viño e conta con varios itinerarios deseñados que cobren as distintas subzonas. Pertence ao clube das “Rutas del Vino de España” e figura na Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas las Personas editada pola Plataforma Representativa Estatal de las Personas con Discapacidad Física (PREDIF). Na Ruta do Viño Rías Baixas mestúranse tradición e modernidade nunha fusión perfecta de pazos históricos con espectaculares xardíns, nos que non faltan as fermosas camelias, adegas adaptadas ás últimas tecnoloxías ou impresionantes miradoiros dende os que se pode comprobar a importancia da influencia atlántica nos viños. As paisaxes de ensoño compleméntanse cunha enogastronomía de calidade, ofrecendo aos visitantes unha experiencia única e inesquecible.
ADEGAS PARTICIPANTES
Os viños das Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista a variedade Albariño (aproximadamente o 95% da produción), de cor marelo palla con ribetes dourados de potentes e nobles aromas, afroitados e florais, envolventes e embriagadores, que acompañan o seu paso por boca con carnosidade e untuosidade. A personalidade única das súas variedades e viños son consecuencia das peculiaridades do seu territorio, o seu clima, as súas xentes e a súa cultura. Unha terra chea de matices que se reflicten nos seus viños…

Música e viño: Muiñeira Branca de Mestura
O aire oceánico e a morriña do mar emigrante envolven esta Muiñeira Branca de Mestura, que nos invita a sentir a frescura dos viños das Rías Baixas. A melodía alegre e festiva, o ritmo popular e a súa combinación de compases reflicten o carácter dos seus viños, evocándonos as diferentes variedades que conviven baixo esta denominación.
COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES

TEA TASTING & GALICIAN CHEESE & ALBARIÑO WINE NO PAZO QUINTEIRO DA CRUZ
Visita ao Xardín de Excelencia Internacional da camelia do Pazo Quinteiro da Cruz combinada coa experiencia de maridar té, queixos galegos e albariño Quinteiro da Cruz.

ADEGAS GALEGAS: PAZO DE ALMUIÑA.“ENÓLOGO POR UN DÍA”
Convértete por un día nun verdadeiro enólogo elaborando o teu propio viño a partir de castes autóctonas galegas. Percorre os nosos viñedos, coñece as principais características e segredos da elaboración da nosa gama de monovarietais e sinte a maxia de facer o teu propio coupage.
-
Adega Eidos. Mañá de domingo vermú con tapas de arroces mediterráneos
Adega Eidos
Teléfono: 986 690 009 / 664 444 334
E-mail: enoturismo@adegaeidos.com
Web: www.adegaeidos.com
-
Pazo Quinteiro da Cruz. Tea Tasting & Galician Cheese & albariño wine