Description
“A Idade Media, o románico e o viño Godello”
Ruta guiada pola historia da comarca de Valdeorras. Comezaremos na Casa Señorial Mosteiro de Xagoaza, que na Idade Media estivo marcada pola presenza da Orde de Malta. Continuaremos coa visita a Bodegas Godeval para coñecer outra parte da historia de Valdeorras, relacionada co viño e co proxecto de recuperación da uva godello. Pasearemos pola viña e visitaremos a adega nova e a Cova dos Monxes, onde cataremos un dos seus viños acompañado dun pincho tradicional.
Horario
Sábado 28 de maio, ás 11.00 h
Prezo
15 € / persoa
Grupo máximo 15 persoas. Desprazamento en vehículos particulares ata o mosteiro de Xagoaza
Ruta “Un paseo da man do poeta Florencio Delgado Gurriarán”
Paseo guiado polas rúas de Córgomo (Vilamartin), que nos permitirá coñecer ao autor homenaxeado no Día das letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. A ruta pasará por diferentes puntos da vila natal do poeta que nos desvelarán diversos aspectos da súa vida e da súa obra. Remataremos cunha cata de dous viños de Valdeorras acompañados dun pincho.
Horario
Domingo 29 de maio, ás 11.00 h
Prezo
15 € / persoa
Grupo máximo 15 persoas. Desprazamento en vehículos particulares ata Córgomo.
Máis información
Valdeorras é viño
Tel.: 619 086 326
Web: www.valdeorrasesvino.es
E-mail: valdeorrasesvino@gmail.com
Reviews
There are no reviews yet.