Description
A través dun paseo polo casco histórico de Ribadavia descubriremos a historia e historias do viño do Ribeiro, a súa elaboración, orixe, paisaxe, as exportacións… Todo acompañado da beleza monumental da vila con paradas en diferentes puntos como a Porta Nova, miradoiros da praza Buján, a rúa dos Fornos, a praza García Boente ou a praza Maior. Finalizaremos cunha actuación musical na praza Maior. Aforo limitado, imprescindible reserva previa.
Horario
Venres 13 de maio de 19.00 a 20.30 h
Prezo
2 € / persoa
Lugar
Porta principal do castelo de Ribadavia (Fronte á Alameda).
Máis información
Ruta do Viño do Ribeiro
Tel.: 988 477 100
Email: ruta@rutadelvinoribeiro.com
Reviews
There are no reviews yet.