Description
Visita ao parque natural ubicado no concello de Rubiá, onde a aciñeira, que dá nome ao parque, ten historia de seu. Esta árbore significa clima mediterráneo e solos calcarios, por iso resulta escasa no resto do territorio galego. Observaremos tamén outras arbóres como sobreiras, rebolos, amendoeiras, oliveiras, convivindo con vellos castiñeiros. O parque posúe un gran número de “palas”, covas (aquí está a meirande rede de cavidades subterráneas de Galicia). A fauna da serra está composta por aves rapaces, morcegos e un gran número de invertebrados ligados ao característico clima desta zona, o de menor pluviosidade de toda a comunidade autónoma.
Horario
Venres 27, sábado 28 e domingo 29 de maio: de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 19.30 h
Prezo
Visita libre e gratuíta
Máis información
Centro de visitantes Parque natural Serra da Enciña da Lastra
Tel.: 988 783 055
Web: www.patrimonionatural.xunta.gal
E-mail: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal
Reviews
There are no reviews yet.