Description
Entre lousas e viños de Valdeorras
Visita aos bancos, as montañas de onde se extraen as lousas, para ver como se fai e o posterior traslado das mesmas á planta de transformación, onde coñeceremos os diferentes traballos, ata chegar ao momento da súa embalaxe e expedición. Para finalizar a xornada visitaremos unha adega da D.O. Valdeorras, onde participaremos dunha cata de godellos da zona.
Horario
Sábado 28 de maio, de 10.30 a 14.15 h.
Prezo
27 € / persoa
Grupos mínimos de 6 persoas. Desprazamento en vehículos particulares
Viñoteando entre covas
Visita a dúas adegas-cova. As covas son bodegas soterradas onde tradicionalmente se elaboraba o viño. A visita inclúe a degustación de dous viños acompañados dun petisco típico da zona.
Horario
Domingo 29 de maio, de 10.30 h a 14.15 h
Prezo
26 € / persoa
Grupos mínimos de 6 persoas. Desprazamento en vehículos particulares
Máis información
Enoturismo Galicia
Tel.: 676 101 649
Web: www.enoturismogalicia.es
E-mail: info@enoturismogalicia.es
Reviews
There are no reviews yet.