Description
Cata vertical e queixos galegos
Visita ao viñedo ecolóxico e ás instalacións da adega con posterior cata do viño de Celme de Pena Bicada de 3 anadas consecutivas. Coñeceremos a historia da adega a través dun viño branco plurivarietal de castes autóctonas, observando o paso do tempo e as características de cada unha das anadas traducidas en colleitas especiais. A cata acompañarase con saborosos queixos galegos. Aforo limitado, recoméndase reserva previa.
Horario
Venres 13 de maio, ás 18.00 h e domingo 15, ás 13.00 h
Prezo
28 € / persoa
Lugar
Adegas Celme, Castrelo de Miño
Cata maridaxe Celme tostado
Visita ao viñedo ecolóxico e ás instalacións da adega con posterior cata maridaxe dun viño plurivarietal de castes autóctonas e viño Celme tostado. Faremos un percorrido pola historia dunha elaboración tradicional do Ribeiro. Aforo limitado, recoméndase reserva previa.
Horario
Sábado 14 e domingo 15 de maio, ás 18.00 h
Prezo
43 € / persoa
Lugar
Adegas Celme, Castrelo de Miño
Celmú: branco ou tinto?
Visita ao viñedo ecolóxico e ás instalacións da adega con posterior cata do viño de castes autóctonas e 2 vermús artesanais elaborados con variedades brancas e tintas, acompañada de petiscos. Coñeceremos a elaboración dun vermú artesanal feito a base de herbas naturais de cultivo ecolóxico e variedades de uva autóctona. Ti, es de branco ou de tinto?… Celmú!. Aforo limitado, recoméndase reserva previa.
Horario
Domingo 15 de maio, ás 12.30 e 16.00 h
Prezo
21 € / persoa
Lugar
Adegas Celme, Castrelo de Miño
Máis información
Adegas Celme
Tel.: 639 081 810 / 636 520 584
Web: www.adegascelme.com
E-mail: comunicacion@adegascelme.com
Reviews
There are no reviews yet.