DE VIÑOS POR MONTERREI
A Ruta do Viño de Monterrei atópase situada ao suleste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Nesta comarca atoparemos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe co noso veciño Portugal, na que a historia de fronteira nos deixa como legado a fortaleza medieval de Monterrei. Espectacular paisaxe, coroada polas serras de Pena Trevinca, O Invernadeiro e San Mamede; fértiles terras preñadas de auga, nas que os ríos que nacen na montaña van deixando atrás pequenas fervenzas buscando o val, e numerosos mananciais mineromedicinais que as regan de vida e de saúde constituíndo hoxe uns recursos incomparables. Primeiros retrincos da conca do Douro, onde o seu afluente, o Támega, surca o territorio para penetrar xa en terras lusitanas; cara aquí vemos como se estenden os viñedos de Monterrei dende as ladeiras da montaña. Unha Denominación de Orixe nova nun territorio milenario,…
ADEGAS PARTICIPANTES
Os seus viños son fundamentalmente brancos, frescos, moi agradables e afroitados, cun excelente equilibrio entre alcohol e acidez, ben estruturados e golosos. Entre os tintos destacan esencialmente os xóvenes de gran viveza aromática, froiteiros, con corpo e moi expresivos aos que, pouco a pouco, se suman elaboracións máis exclusivas con gran complexidade e lonxevidade.

Música e viño: Marcha Báquica
Reis, trobadores e cabaleiros danzan con esta Marcha Báquica a través dos seus compases medievais. Unha composición que nos transporta a aqueles séculos nos que as escrituras musicais se gardaban en pergamiños e a lira e o laúde eran os instrumentos de moda no país. Anuncian os tambores desta peza que este será un bo ano de viño en Monterrei.
COÑECE AS NOSAS ACTIVIDADES
-
Cata “aromas e sabores. Armonía de frutas e viños”
Ruta do Viño Monterrei
Teléfono: 988 590 007
E-mail: info@domonterrei.com
Web: www.rutadelvinomonterrei.com
-
Harmonía de viños de Monterrei e cociñas do mundo