NORMAS A SEGUIR PARA OS PARTICIPANTE EN ATENCIÓN Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID – 19

  1. A fin de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas. Todas as actividades precisan reserva previa para participar nelas.
  2. Deberán seguirse en todo momento as indicacións das persoas responsables dos grupos participantes nas actividades, así como do persoal dos locais onde se realicen as visitas ou das empresas de transporte, e en especial no que atinxe a protocolos de hixiene e de circulación polas instalacións.
  3. A máscara de protección sanitaria será obrigatoria e deberá cubrir correctamente e en todo momento as vias respiratoria (boca e nariz). Só se poderá retirar no momento de consumición de bebidas ou alimentos, e durante o tempo imprescindible para o devandito cometido.
  4. Durante as visitas deberá manterse en todo momento a distancia social recomendada de 1,5 m.
  5. Os autobuses terán un aforo limitado ao 60% da súa capacidade. A cada participante asignaráselle un asento específico, que será de uso obrigatorio para toda a xornada, non pudendo cambiarse de lugar de ningún xeito. No interior dos autobuses non se autorizará o consumo de alimentos.
  6. Será obrigatorio o uso de xel hidroalcólico ou desinfectante antes de subir aos autobuses, así como antes de entrar e ao saír de calquera recinto pechado onde se realicen as actividades previstas.
  7. As distintas actividades e visitas poderán seguir un protocolo específico adicional polo que será igualmente obrigatorio cumprir cos requisitos que sinalen os responsables das visitas e actividades.
  8. Tamén deberá respectarse calquera outra norma ou restrición que establezan as autoridades sanitarias para as localidades onde se realicen as distintas actividades programadas na data na que estas se desenvolvan.

PROTEXÁMONOS A NÓS MESMOS E AOS QUE NOS RODEAN. #SENTIDIÑO

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar