
BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DAS 11as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA
1.- ENTIDADE ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A entidade Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J organiza con fins promocionais os sorteos (en diante , “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.
2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A Promoción iniciarase o día 9 de maio e finalizará o día 12 de xuño.
Convocaranse 15 premios en 5 concursos, que se anunciarán os días 9,16, 23 e 30 de maio e o 6 de xuño. Sortearanse 3 premios cada día.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes:
• Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
• A mecánica da Promoción en Facebook, Instagram e Twitter consiste en responder correctamente ás preguntas ou xogos expostos.
• Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.
• Repartiranse un total de 15 premios. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 5 concursos non poderá volver ser elixido gañador).
4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Elixirase aleatoriamente 1 gañador para cada un dos seguintes premios:
• Premio 1, 2 e 3: Estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participante nas 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona do Ribeiro.
• Premio 4, 5 e 6: Estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participante nas 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona das Rías Baixas.
• Premio 7, 8 e 9: Estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participante nas 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona de Valdeorras.
• Premio 10, 11 e 12: Estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participante nas 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona da Ribeira Sacra.
• Premio 13, 14 e 15: Estancia dunha noite en cuarto dobre + xantar para 2 persoas nun dos establecementos participante nas 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, pertencentes á zona de Monterrei.
Todos os aloxamentos son en cuarto dobre estándar con almorzo incluido. Así mesmo todos os xantares serán á carta ata cubrir un máximo de 75,00 € (IVE incluido) en total para as 2 persoas.
Os premios gozaranse dentro das datas nas que se celebran as 11as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, segundo a ruta que corresponda. Os premios 1, 2 e 3 gozaranse do 13 ao 15 de maio, os premios 4, 5 e 6 do 20 ao 22 de maio, os premios 7, 8, e 9 gozaranse do 27 ao 29 de maio, os premios 10, 11 e 12 do 3 ao 5 de xuño e os premios 13, 14 e 15 gozaranse do 10 ao 12 de xuño.
A elección do gañador efectuarase ao día seguinte do lanzamento do sorteo e de maneira aleatoria, a través da plataforma App Sorteos, entre os participantes que acertasen correctamente as preguntas expostas, sexan seguidores da conta de Facebook, Instagram e Twitter de Turismo de Galicia e den “like” á publicación do concurso.
Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que o gañador non responda no prazo de 24 horas a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Turismo de Galicia e do envío da mensaxe e/ou resposta no que se lle comunica que resultou gañador/a.
Turismo de Galicia publicará na súa conta de Facebook, Instagram e Twiitter o gañador de cada concurso. O gañador recibirá tamén unha mensaxe directa e/ou resposta ao seu comentario informándolle do premio e solicitando a súa identificación a través de documentación contrastada (fotocopia de documento oficial). Ademáis, se informará aos demáis elixidos da súa condición de suplentes, solicitando nos faciliten un número telefónico de contacto directo. Se o gañador non reclama o premio antes de 24 horas a contar dende a data e hora da publicación do resultado do sorteo, entenderase que o rexeita. Neste caso, o premio pasaría ao primeiro suplente elixido tamén aleatoriamente, o cal será contactado telefónicamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.
O gañador terá que comunicar a aceptación do premio en 24 horas, confirmándoo con Turismo de Galicia a través da conta de correo electrónico pilar.maquieira.ron@xunta.gal e comunicar a súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e asegurar así a comunicación coa Axencia de Turismo de Galicia a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio.
No correo electrónico, o gañador tamén indicará como medio (correo electrónico e teléfono) de contacto rápido e directo a través do que a Axencia de Turismo de Galicia se poida comunicar con el /ela para aclarar calquera continxencia relativa ao concurso.
Así mesmo, os suplentes deberán facilitar o seu número telefónico de contacto ao mesmo enderezo electrónico para a súa posterior localización e requerimento de documentación, dado o caso.
Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.
5.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.
6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.
7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.
Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.
8.- FACEBOOK
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.
9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 11 de decembro , de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no seu Regulamento de desenvolvemento, cada participante coa aceptación destas bases legais consente que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro do cal somos responsables, e utilizados para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.
Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal ou ben mediante carta dirixida á seguinte dirección: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.
10.- CAMBIOS
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.
Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.
11.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.



